artesanía
 
A artesanía é unha parte viva do patrimonio cultural do Norte de Galicia. Escondidos neste armazón de paisaxes singulares habitan, repartidas e dispersas, auténticas persoas artesás, tanto dos oficios máis tradicionais e propios da vida rural galega, aínda conservados nesta zona, como das máis vangardistas, innovadoras e punteiras actividades artesanais de Galicia.

Poderás visitar aos nosos artesáns e artesás que che abrirán as portas dos seus talleres e contaranche en primeira persoa o seu propio estilo de vida: a dureza do oficio do ferreiro, a creatividade, expresión e o traballo das artes plásticas levadas á cerámica, a arte de traballar a rede de pesca, o deseño e creación das navallas e coitelos artesáns, a liberdade que supón traballar cun torno, o tacto da madeira ao facer un barco… unha profesión que cada artesán e artesá considera o oficio máis bonito do mundo.

Pasa e mira, coñece, toca, sente, participa!!
Abre os teus sentidos e a túa mente a un mundo de experiencias únicas…

 

 
FacebooktwitterFacebooktwitter