Anfitrioa: Ana

“Antiga casa familiar reformada (situada moi preto do Parque Natural das Fragas do Eume), que conserva o encanto de finais do século XIX, os seus grosos muros de pedra e a súa gran lareira que agora forma parte da nosa biblioteca, na ue poderás gozar dunha grata lectura. No noso pequeno salón con cheminea, poderás gozar dunha agradable charla ou simplemente contemplar o amplo xardín cheo de recunchos especiais.

Para nós, o máis importante desde que nos embarcamos nesta aventura é recoller as sensacións dos nosos hóspedes, que definen a súa estancia como única, gratificante e inesquecible, sentíndose como na súa casa, saboreando os produtos naturais da zona nos nosos almorzos e gozando dunha inmensa tranquilidade.”
 

FacebooktwitterFacebooktwitter
Casa Fragas do Eume
  Hotel

 
Malló, 2. MONFERO (A Coruña)
43.345783076641816,-8.069318532943726
981 793 915 – 699 673 412
info@casafraguasdoeume.com
www.casafragasdoeume.com
Período de funcionamento: Todo o ano excepto do 20/12 ó 09/01
Réxime de Aloxamento: Só almorzo (Horario prefixado)
Prezo: A partir de 70€
 
Características
Instalacións
Habitacións: 6 (Dobres)
Calefacción: Toda a casa
Xardín propio
Lugar para gardar e lavar bicis
Idiomas
Galego, castelán, inglés, francés
Outros: Portugués
Ubicación en espazo protexido
Parque Atlántico Fragas do Eume
Reciclaxe
Uso de papel reciclado no aloxamento
Outros: Separación do lixo
Consumo Enerxético
Control do rego, Uso de bombillas de baixo consumo, Control da iluminación exterior
Ecoloxía
Utilízanse abonos naturais, Auga Km 0
 
Servizos Adicionais
Biblioteca, Produtos ecolóxicos, Produtos locais ou km 0, Produtos caseiros ou elaboración propia, Servizo de recollida no apeadeiro, Xestión de actividades de lecer próximas, Menús adaptados para vexetarianos, veganos, persoas con intolerancias
Outros: Dúas habitacións burbuxa no xardín