goza da nosa Hospitalidade
 

O Turismo Slow no Norte de Galicia ten sentido grazas á hospitalidade dos nosos anfitrións e das nosas anfitrioas, que vos guiarán para que a estancia sexa do máis agradable.
 
Eles e elas acolleranvos como parte da súa familia, regalaranvos as mellores recomendacións sobre onde comer, que lugares visitar e en que momento, abriranvos eses camiños que non aparecen nos mapas e os recunchos secretos para descubrir os matices dunha terra chea de contrastes.
 
Benvidos ao Norte do Norte!