experimenta o norte do norte

 

 
 
 
 
Gastronomía
Rutas para Perderse
Patrimonio Natural
Actividades
Cultura Local
Recunchos Secretos

 

Un territorio limpo, sen masificar, cun litoral abrupto e numerosos espazos naturais protexidos

Experimenta o Norte do Norte, un lugar máxico onde se funden o Atlántico e o Cantábrico, onde descubrir os recunchos secretos do norte de Galicia e sentir a calma dun espazo onde parece deterse o tempo.
Turismo Slow Norte de Galicia é unha oportunidade para gozar dun territorio limpo, sen masificar, cun litoral abrupto e numerosos espazos naturais protexidos… e dun ritmo de vida que paga a pena recuperar, un ritmo marcado unicamente polo teu reloxo biolóxico, e onde se pode experimentar unha forma diferente de viaxar, de vagar, gozando de cada sensación para aprender ou reaprender a gozar a vida doutra maneira. Unha viaxe sustentable, unha viaxe con consciencia, onde interactuar coa cultura local, degustar produtos da zona e realizar actividades na natureza.

Poucos lugares poden ofrecer espectáculos naturais tan lindos como os que gozarás nesta zona.

Achégate a pasear á beira dun dos cantís máis altos de Europa e a coñecer parte das Reservas da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Bourón e Terras do Miño e os bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa, as Fragas do Eume. Percorre a Ría de O Barqueiro en silencio, deixando que esa calma sexa interrompida por corzos, garzas ou falcóns… pasea pola Vía Verde do Eo e abraza un eucalipto xigante no Souto da Retorta. Goza das mellores vistas da parte máis setentrional da península, Estaca de Bares (a punta situada máis ao norte da Península Ibérica, declarada Sitio Natural de Interese Nacional desde 1933), onde poderás avistar aves migratorias, e descobre en Cabo Ortegal as rochas máis antigas do planeta: as ecloxitas.

Déixate levar pola súa Historia, para viaxar a un tempo onde se construíu a catedral máis antiga de España e levantáronse as súas vilas e castelos medievais; e déixate enfeitizar polas súas historias e lendas que che introducirán nun destino máxico.

O Norte do Norte está repleto de patrimonio natural, histórico e monumental, pero tamén de patrimonio etnográfico, de historias de vida, que che mergullarán na cultura local.

Nesta zona poderás gozar das vistas da unión de dous mares infinitos, unha ampla zona con longos e salvaxes areais onde pasear, pequenas calas para desconectar, altos cantís para observar a inmensidade do océano, recónditos paraísos naturais nos que perderse e recunchos secretos para desconectar do mundo.

Conta a lenda que “a San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo”, así que sabemos que antes ou despois virás coñecer o Norte do Norte…Esperámoste!!


 

 
FacebooktwitterFacebooktwitter