Anfitrións: Manuela e Juan Carlos

“A armonía, o benestar, a cordial amizade e a risa, entre moitas outras cousas, teñen prioridade para nós …

Intentamos compartir bos momentos e para iso volvemos a nosa casa un lugar onde sentir e apreciar o gran valor das cousas sinxelas.

É importante para nós saber que os nosos clientes se senten cómodos na casa e para iso, intentamos ser conscientes das súas necesidades, intentando o máximo posible para cubrilas.Tentamos sempre crear un ambiente limpo e saudábre, cheo de armonía e xente alegre. Ás veces, organizamos barbacoas e festas no xardín, xogos na casa, paseos nos arredores, actividades de turismo activo. Preparamos festas para quen queira sorprender aos seus compañeiros.

Tamén organizamos os cursos e talleres dos fins de semana temáticos e un longo etcétera. que podes descubrir se nos visita.

Como amantes da artesanía e a creatividade, buscamos mellorar ese espírito cos cursos e exposicións que se realizan na casa.
Queremos compartir o que somos e aprender contigo, queremos que se sinta como en casa”

 

FacebooktwitterFacebooktwitter
Os Tres Teixos
  Casa de Turismo Rural

 
Lugar de Martin, 10. San Acisclo FOZ 27786 (Lugo)
43.556151,-7.373344,15
982 124 503 / 690 156 081 /619 569 191
info@ostresteixos.es
www.ostresteixos.es
Período de funcionamento: Todo o ano
Réxime de Aloxamento: Só almorzo, media pensión (Horario adaptado)
Prezo: A partir de 65€
 
Características
Instalacións
Habitacións: 8 (Dobres, triples e cuádruples)
Calefacción: Toda a casa
Xardín propio
Lugar para gardar e lavar bicis
Idiomas
Castelán
Ubicación en espazo protexido
Praia das Catedrais, LIC Red Natura 2000
Reciclaxe
Ofrécese información sobre reciclaxe e sostenibilidade aos hóspedes
Consumo Enerxético
Uso de lámpadas de baixo consumo, Control da iluminación exterior e interior
Ecoloxía
Manteis e panos de mesa de tea
 
Servizos Adicionais
Biblioteca, Servizo de preparación de picnic, Produtos caseiros ou elaboración propia, Servizo de xestión de aluguer de bicicletas, Servizo de recollida no apeadoiro, Xestión de actividades de lecer próximas, Xestión de actividades de benestar, Menús adaptados para persoas con intolerancias, celíacos (previo aviso)
Outros: Zona Spa panorámico no xardín, Decoración artesana e persoal