recunchos secretos

 
 
 
Rutas para perderse
Patrimonio Natural
 
 
Os vosos anfitrións e/ou anfitrioas descubriranvos lugares secretos para desconectar e gozar da calma dun espazo donde parece deterse o tempo.


Galicia é, sen dúbida, un lugar único. Unha terra de bosques, cantís, praias, ríos… No Norte de Galicia existen centos de lugares preciosos e turísticos que poden ser visitados. Moitos deles atoparalos nas listas dos lugares máis bonitos, máis visitados ou con máis encanto, como a Praia de As Catedrais ou o Banco de Loiba, que mira ao xa denominado como “mellor cantil do mundo” (The Best Bank in the World). Estes lugares son verdadeiros recunchos marabillosos que non teñen nada de segredo! Probablemente terás que facer cola para pasear por baixo dos arcos de As Catedrais do mar ou para sentarte e autofotografarte desde “o mellor banco do mundo”.

Os recunchos secretos do Turismo Slow no Norte de Galicia son todo o contrario: lugares donde case ningún turista chega, lugares que non saen nas guías, recunchos que poden resultar aínda máis espectaculares que aqueles máis coñecidos. Son lugares descoñecidos para a maioría da xente, mesmo para moitos veciños e veciñas do lugar. Recunchos con maxia, para descansar, para gozar ou simplemente para sentir… recunchos secretos aos que poder ir e pasar un bo intre, dar un bo paseo ou simplemente admirar a gran paisaxe que ofrece o Norte do Norte.

Charlade cos vosos anfitrións e anfitrioas, elas descubriranvos os seus recunchos secretos favoritos, aqueles lugares nos que podedes escondervos para desconectar e gozar das sensacións que estes lugares vos ofrecen…

 
FacebooktwitterFacebooktwitter