Anfitrioa: Bea

“Poucas cousas son máis interesantes na nosa terra que a volta constante ás nosas raíces. Neste enclave privilexiado as palabras descanso, sostibilidade, historia, beleza, aire, luz e delicadeza recuperan o seu verdadeiro sentido. No noso grupo de aloxamentos temos catro vivendas individuais nas que a intimidade é a nosa principal premisa, ademais dun terreo con 9.000 metros cadrados na que se atopa unha antiga “palleira” convertida nunha zona de lecer que conserva os trazos e estruturas do pasado así como unha piscina integrada no punto central do prado. Un lugar coa proximidade de mosteiros, pontes medievais, antigos muiños e a natureza desbordante das Fragas Do Eume. Todo isto e como outrora, acompañado pola paixón polo trato humano.”
 
FacebooktwitterFacebooktwitter
Casas do campo
  Casa de Turismo Rural

 
Lg. Regueiro, nº 1 Val do Xestoso. MONFERO 15 (A Coruña)
43.3095855712891, -7.98120594024658
637 373 707 – 881 062 316
casasdocampo@casasdocampo.es
www.casasdocampo.es
Período de funcionamento: Todo o ano
Servizos comerciais e hostaleiros a 1 km de distancia
Prezo: A partir de 70€
 
Características
Instalacións
Habitacións: 3 Casas con (4-6) prazas e 1 casa con (2-3) prazas
Calefacción: Toda a casa
Xardín propio
Lugar para gardar e lavar bicis
Idiomas
Galego, castelán, inglés, francés
Ubicación en espazo protexido
Parque Natural Fragas Do Eume
Reciclaxe
Ofrécese información sobre reciclaxe e sostenibilidade aos hóspedes
Otros: Recollida de pilas e aceites
Consumo Enerxético
Control do rego, Uso de lámpadas de baixo consumo, Control da iluminación exterior e interior
Ecoloxía
Utilízanse abonos naturais
 
Servizos Adicionais
Biblioteca, Produtos locais ou km 0, Servizo de xestión de aluguer de bicicletas, Xestión de actividades de lecer próximas, Servizo de lavandería, Acéptanse mascotas
Outros: Biblioteca Multimedia, Servizo de xestión de aluguer de Kayak, Rutas a cabalo, Piscina, Finca de 9.000 m2, Manantial propio, Barbacoa, Cama supletoria e berce(sen cargo), Casa adaptada a persoas con movilidade reducida, Chimenea