“XORNADA PARA O BENESTAR”
Finca Galea (Alfoz)
 
Descripción:
Unha xornada para aprender a desconectar da rutina e as preocupacións, sentirse ben, e desfrutar compartindo.

Déixate levar polos elementos, auga, lume, aire e terra nunha xornada diferente, centrada no benestar. En Finca Galea propoñemos unha xornada na que realizar actividades para gozar do entorno, da natureza e do noso interior, comezando cun paseo consciente pola finca e unha introdución ao Mindfulnes ou mente en calma, seguir cunha comida vexetariana para alimentar o corpo, unha actividade de movemento para activar a dixestión (Chi Kung) e rematar cunha pequena actividade de percusión e canto para equilibrar o corpo antes de marchar.


 
Dirixido a:
Todos os públicos
 
Duración:
Xornada de 6 horas de duración
 
Período:
Todo o ano salvo: Xullo, Agosto, Semana Santa, pontes e festivos.
 
Prazas:
Mínimo 5 e Máximo 8 persoas
 
Prezo:
48€ por persoa para a xornada. Pode complementarse con aloxamento na mesma finca, cun coste a maiores de 42€ por persoa e noite en habitación dobre (almorzo incluído).
 
Información de interese:
No caso de que as condicións climatolóxicas non permitan a realización de actividades de exterior, estas serán substituídas por outras relacionadas, como talleres de artesanía manual.

As actividades de movemento (Chi Kung) poden ser substituídas por exercicios de coordinación e estiramentos e/ou baile.

 

reservas:
Finca Galea
Alfoz