“MONDOÑEDO AS MIL HISTORIAS”
A Penela (Mondoñedo)
 
Descripción:
De Mondoñedo coñécese, sobre todo, o casco histórico e a catedral…dende Casa da Penela ofrecémosche a visión tamén da tradición, a través da estancia nunha casa sostible, recuperada con técnicas de bioconstrución e con finca agrícola ecolóxica.

Ademais, para que non te perdas ningún detalle da vila, ofrecémosche unha visita guiada por unha guía local profesional, percorrendo o centro histórico de Mondoñedo e incluíndo o artesanal Barrio dos Muíños, con acceso a un dos obradoiros (segundo a dispoñibilidade do taller).

 
Dirixido a:
Todos os públicos
 
Duración:
2 noites
 
Período:
Sábados e domingos de setembro a xuño. En xullo e agosto dispoñible durante toda a semana (sempre con reserva anticipada).
 
Prazas:
Mínimo 4 e Máximo 10 persoas
 
Prezo:
70€/persoa. Consultar descontos para familias e grupos.
 
Información de interese:
A visita percorre os principais atractivos da cidade histórica con obxectivo de presentar e namorar aos visitantes do patrimonio tan rico e diverso de Mondoñedo, falando da súa historia, patrimonio artístico, costumes e gastronomía. A visita ten unha duración mínima de 2 horas e máxima de 3 e non está incluída a entrada á Catedral.

 

reservas:
Casa da Penela
Mondoñedo