Todos os protocolos e requisitos hixiénico-sanitarios establecidos tanto por Sanidade, o Instituto para la Calidad Turística Española (ICTE) e a propia administración autonómica no marco do Programa Galicia, Destino Seguro foron facilitados aos aloxamentos para a súa implantación.
 
Os aloxamentos da rede Turismo Slow Norte de Galicia reúnen todas as condicións que garanten a saúde no ámbito de acollida, recepción, estadía e atención da clientela e no ámbito laboral das persoas traballadoras, grazas ao Plan de Continxencia elaborado co fin de reducir ou eliminar a posibilidade de contaxios por COVID-19 nos aloxamentos. Co obxectivo de establecer e regular os procedementos de xestión, atención á clientela, limpeza e mantemento; así como o procedemento de actuación ante a sospeita ou confirmación dun caso de COVID-19 entre o persoal ou clientela do aloxamento implantáronse diferentes medidas como:

 
 


> Información da capacidade máxima das instalacións, limitando o acceso tanto á clientela (para uso de zonas comúns) como para o persoal (para o uso de vestiarios e servizos hixiénicos).

> Xestión do acceso de provedores e clientes establecendo horarios, zonas de entrega e protocolos hixiénicos para eles.

> Incremento dos labores de limpeza e desinfección, realizándoos varias veces en cada xornada laboral.

> Implantación e seguimento de medidas de hixiene:

• Lavado frecuente de mans.

• Asegurarse de que o persoal ten un fácil acceso a auga e xabón. Nos lugares nos que non sexa posible acceder a auga e xabón, dispoñer xeles hidroalcohólicos para a hixiene de mans, papel dun só uso para secado e papeleiras.

• Asegurar a existencia de papeleiras recubertas con bolsas de lixo. Se teñen tapa, o mecanismo de apertura deberá ser, preferiblemente, cun pedal, para evitar ter que tocar a superficie.

• Limpeza exhaustiva das superficies.

> Informar das medidas preventivas e de hixiene (colocación de información visual, como carteis, folletos, etc. en lugares estratéxicos).

> Eliminación da decoración e téxtiles menos necesarios (alfombras, mantas extra, manteis…).

> O aloxamento informará á clientela, antes da confirmación de reserva, das condicións do servizo e medidas de prevención establecidas para minimizar o risco de contaxio, e solicitará a súa aceptación no momento da confirmación de reserva para que esta sexa efectiva:

• Uso preferente de medios telemáticos (ordenador e dispositivos móbiles) para xestionar as reservas, o pre-checking en liña, a recepción de albarás e a emisión de facturas.

• Pago con tarxeta ou móbil sempre que sexa posible.