A auga é unha fonte de benestar e pode usarse de moitas formas para axudarte a relaxarte e desconectar! Juan Carlos e Manuela propoñen unha sesión de burbullas ao atardecer no Spa panorámico do seu aloxamento, e un paseo polo parque etnográfico da auga en Finca Galea. A experiencia inclúe, ademais, tres noites en réxime de aloxamento e almorzo, 2 cenas veganas e 3 actividades de relaxación (Mindfulnes ou Taichi) para completar a experiencia!
- Lugar: San Acisclo, Foz (Lugo)
- Dirixido a: Parellas, Grupos.
- Duración: 3 noites
- Periodo: Todo o ano salvo: Xullo, Agosto, Semana Santa, pontes e festivos.
- Prazas: Mínimo 2 persoas.
- Prezo: 199€ por persoa (en habitación dobre).
