Descubre Ortegal dende o mar. Escapa da rutina e navega durante unha fin de semana na que poderás coñecer a comarca secreta a través dunha saída en barco. Marisa propón unha experiencia única para conectar co mar e coa natureza nestes incribles paraxes que inclúe: dúas noites con aloxamento e almorzo e unha ruta en barco a cargo de Queres Vela pola Ría de Ortigueira ou pola Ruta de Cabo Ortegal.
- Lugar: Cariño (A Coruña)
- Dirixido a: Todos os públicos.
- Duración: 2 noites
- Periodo: Maio, xuño, setembro e outubro.
- Prazas: Grupo mínimo 2 persoas e máximo de 4.
- Prezo: 150€/persoa en habitación dobre. Habitación con 2 camas ou con cama de matrimonio. O tipo de habitación estará suxeita a dispoñibilidade.




