APRENDE A EXPRESAR O TEU ARTE INTERIOR

Descripción

O silencio e a quietude favorecen a escoita da propia voz interior do mesmo xeito que a expresión artística dá voz a eses aspectos do ser que non poden ser doutro xeito expresados. Volver a nós, ao coidado do ser, pasa por atender esa voz interior e a súa manifestación creativa. En Penaquente propoñémosche unha estancia de 2 noites con almorzo e un taller de creatividade interior, fluída, a través da técnica de pintura do Pouring (verquido ) e o Dripping (goteo) afastado das formalidades e habilidades requiridas noutras disciplinas, para favorecer o fluír da creatividade interior sen ningún tipo de impedimento, regras ou barreiras.

Información de interese

O taller terá unha duración de 3 h. Os materiais necesarios para a realización do taller serán facilitados pola docente. Para a realización do mesmo, non é preciso ter ningún coñecemento artístico nin habilidade particular con técnicas pictóricas. É unha técnica que facilita a expresión interior, libre e fluída.

Reservas