O mindoniense Barrio dos Muíños é artesán por tradición. As olarías moldean o barro para obter obxectos tanto modernos como tradicionais que logo decoran a man. Un canteiro que esculpe de xeito tradicional granito, mármore e lousa para acadar pezas únicas. Na porta de enfronte, Ton Arenas, escenógrafo e cartelista, tamén elabora e manexa monicreques e os seus escenarios. Produce espectáculos, obxectos artísticos e útiles. Todo isto visitando o centro histórico da antiga capital da provincia.
- Lugar: Mondoñedo (Lugo)
- Dirixidoa a: Todos os públicos
- Duración: 3 horas
- Periodo: Todo o ano
- Prazas: Mínimo 5 persoas; máximo 15 persoas
- Prezo: 30€ persoa
Reservas
Noela Feal Jiménez
Sra. María Servizos Turísticos
noela@sramaria.com
636 737 608