Degustación de Marmeladas A Morena

Descripción

A Morena, no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos (Cervo), é un obrador de marmeladas artesanais elaboradas con ingredientes ecolóxicos e de primeira calidade. Ofrecemos no obrador unha degustación dos nosos produtos xunto con un brunch (se é en horario de mañá) ou con unha merenda (se é en horario de tarde), para poder saborear as nosas nosas marmeladas en distintas propostas. Durante a experiencia poderás coñecer o noso proxecto a e a nosa traxectoria, as distintas variedades de marmeladas, cata das nosas marmeladas de forma individual e cata con distintos maridaxes.

Información de interese

As degustacións están dirixidas tanto a persoas adultas como a nen@s, en grupo ou de forma individual.

Reservas

Cristina Rodríguez Eijo
A Morena
marmeladasamorena@gmail.com
649 130873