Na visita guiada ao ‘Museo do Mel’, descubrirás e aprenderás da man de Mari Fe, apicultora de O Valadouro, moitas fascinantes que non sabías sobre as abellas, a mel e a apicultura. A través desta visita didáctica, aprenderás como é a vida no interior da colmea e os distintos oficios que realiza a obreira dende o seu nacemento. Coñecerás como é o proceso de extracción da mel na actualidade e como se realizaba no 1936, a través da colección de ferramentas herdadas que conservamos como “”auténticas reliquias”” e se o tempo o permite, mostrarache o colmear en funcionamento.
- Lugar: O Valadouro (Lugo)
- Dirixidoa a: Todo tipo de público
- Duración: 1,5 horas
- Periodo: Todo o ano baixo reserva previa
- Prazas: Mínimo 2 persoas
- Prezo: 3 € persoa
Reservas
Mª Fe Sixto
Museo do Mel O Valadouro – Mel O Trobo
otrobo@hotmail.com
626 162 791