DO MAR AO PRATO

Descripción

A cidade de Ferrol está intimamente vencellada ao mar, pero en moitas ocasións nos centramos só na súa historia a partires do S.XVIII, cando a importancia dos estaleiros e o arsenal fan que un pequeno porto marítimo se converta na base máis importante da Armada Española. Ven descubrir nesta ruta os antigos oficios relacionados coa nosa fermosa ría e ao mesmo tempo visitar a lonxa, onde poderemos descubrir o marisco e outras especies da ría que se capturan cada día, o Mercado do Peixe de Rodolfo Ucha e desfrutar dunha degustación enogastronómica.

Información de interese

Requírese informar sobre alerxias alimentarias. Inclúe degustacións enogastronómicas

Reservas

Xulio Vázquez Deibe
Secret Galicia
www.secretgalicia.com
secretgalicia@gmail.com
661 275 545