EQUILIBRA CORPO E MENTE

Descripción

É tempo de coidarse e de coidar o noso benestar, de tomar consciencia e de conectar corpo, mente e respiración co que nos rodea, a natureza. Por iso, nada mellor que deixarse guiar a través de actividades de Tai Chi que te axudarán a atopar o equilibrio perfecto. Irene propón dúas noites en réxime de aloxamento e almorzo, e 2 sesións de Tai Chi para que re conectes co teu interior.

Información de interese

A duración de cada sesión será de 2 horas, realizaranse o sábado e o domingo pola mañá.
A actividade consistirá na aprendizaxe de 10 movementos clave do Tai Chi. En caso de que o tempo o permita, a actividade poderá desenvolverse no exterior.

Reservas