Goza do son da tradición nunha noite meiga. A percusión é un dos instrumentos que mellor reflicte o noso latexo interior e a expresión das nosas emocións do momento. Casa Rural Penaquente ofréceche 2 noites con almorzo, un taller de percusión tradicional e unha Noite Meiga con foliada, queimada e cea degustación de produtos tradicionais para conectar co máis ancestral da Terra Meiga e co teu eu máis primixenio. Unha volta ás raíces.
- Dirixidoa a: Parellas, Grupos (a partir de 18 anos)
- Duración: 2 noites
- Periodo: 2º fin de semana de cada mes de Setembro a Xuño.
- Prazas: Mínimo 6 persoas, Máximo 18 persoas.
- Prezo: 120€/persoa (en habitación dobre).
Descripción
Información de interese
O taller terá lugar na tarde do sábado. Aprenderás técnicas básicas para tocar o pandeiro ou pandeireta, aprendendo unha canción. Na posterior foliada poderás dar renda solta ao teu propio latexo e practicar o aprendido, mentres gozas dunha queimada e unha cea degustación de produtos tradicionais. Durante a mesma, haberá unha demostración de música tradicional a cargo de músicos da zona.
- Lugar: Casa Penaquente (Ortigueira)
- Dirixidoa a: Parellas, Grupos (a partir de 18 anos)
- Duración: 2 noites
- Periodo: 2º fin de semana de cada mes de Setembro a Xuño.
- Prazas: Mínimo 6 persoas, Máximo 18 persoas.
- Prezo: 120€/persoa (en habitación dobre).