NAVEGACIÓN POLOS SEGREDOS DAS FRAGAS

Descripción

Ven descubrir o P. N. de Fragas do Eume dunha maneira moi especial, dende a auga. En colaboración con Fragas do Eume Kaiak teremos a oportunidade de descubrir as fragas dende as calmas augas do encoro do Eume, cunha navegación en kaiak para descubrir unha zona non accesible de ningunha outra maneira, onde poderemos desfrutar do silencio e a beleza de fervenzas, animais acuáticos, terrestres e aéreos, e antigas construcións coma represas e muíños. Ademais esta ruta estará complementada coa visita aos territorios do fantástico mosteiro de Monfero ou antigas pequenas aldeas illadas e despoboadas e ao Mirador da Carbueira.

Información de interese

Menores de 5 anos gratis.
Non recomendado para persoas con problemas de mobilidade.
Posibilidade de organizar comida nun restaurante da zona.

Reservas

Xulio Vázquez Deibe
Secret Galicia
www.secretgalicia.com
secretgalicia@gmail.com
661 275 545