O SEGREDO DAS FRAGAS

Descripción

Ven descubrir o P.N. de Fragas do Eume dunha maneira moi especial, dende a auga. En colaboración con Fragas do Eume Kaiak teremos a oportunidade de descubrir as fragas dende as calmas augas do encoro do Eume, cunha navegación en kaiak para descubrir unha zona non accesible de ningunha outra maneira, onde poderemos desfrutar do silencio e a beleza de fervenzas, animais acuáticos, terrestres e aéreos, e antigas construcións coma represas e muiños. Ademáis, descubriremos os segredos máis ocultos dentro do P.N. Fragas do Eume, coas historias e lendas sobre o noso pasado celta, a familia dos Andrade e o Monasterio de Caaveiro.

Información de interese

Menores de 5 anos gratis.
Non recomendado para persoas con problemas de mobilidade.
Inclúe comida nun restaurante da zona.

Reservas

Xulio Vázquez Deibe
Secret Galicia
www.secretgalicia.com
secretgalicia@gmail.com
661 275 545