Ruta a Cabalo por Ferrolterra

Descripción

Descobre un dos lugares máis máxicos e peculiares da costa galega. A paraxe natural de Valdoviño co seu Lago e a súa praia, que conta con máis de 9 km de costa, é a contorna perfecta para achegarche da forma máis directa e intensa á unión coa natureza. A calidade dos carreiros e camiños que discorren ao longo de varios quilómetros, desde paseos pola praia ata chegar mesmo a baterías e túneles de antigas bases militares, deleitarannos con historias á clientela mais inquieta. Cubrindo así non só unha actividade, xa de seu, reconfortante e divertida, senón que tamén ofrece a posibilidade de coñecer o lugar desde todas as perspectivas.

Información de interese

Estes roteiros poderanse realizar sen necesidade de cursos nin coñecementos previos sobre o mundo do cabalo. Tras unha breve introdución, toda persoa que desexe gozar da actividade poderá facelo, xa que os carreiros escolleranse acorde coa experiencia das persoas.
Tras unhas breves indicacións e un tempo para a toma de contacto animal-xinete, entregarase a cada persoa un casco como medida de seguridade.
Segundo as súas necesidades farase unha explicación da contorna durante a marcha. Tamén se farán breves paradas en miradoiros ou observatorios de aves para o deleite da vista. Todos os roteiros son previa reserva.

Reservas

Paula y Tamara
CABALIÑO DO LAGO
https://www.instagram.com/cabalinodolago/
cabalinodolago@gmail.com
664 454 960 / 634 454 161