Para xinetes con experiencia e ganas de marcha. Se buscas unha ruta intensa con largos galopes xunto ao río, pasos estreitos, pontes e vistas alucinantes… e unha señora barbacoa… ¡Este é o teu plan! Preparamos cabalos na granxa e tomamos rumbo a Ribeira de Obispo para gozar de varios kilómetros de ruta xunto ao Sor rodeados de bosque autóctono. Pararemos nun antigo muíño de pedra acondicionado como refuxio de montaña para prender o lume onde gozaremos dunha boa barbacoa. Tras un rato de charla e quizáis algún baño retomaremos camiño seguindo a ruta xunto ao rio ata o refuxio do Cascón desde onde reemprenderemos a volta a casa tras unha xornada alucinante. É importante que teñas en conta que esta ruta é esixente, teras que desmontar en algúns tramos se o terreo está mollado, hai pasos estreitos, fortes desniveis e algunha ponte.
- Dirixidoa a: Xinetes con experiencia (a partir de 12 anos en compañía de unha persoa adulta)
- Duración: 7 - 8 horas
- Periodo: De maio a outubro dependendo da meteoroloxía
- Prazas: Mínimo 2 - máximo 4 (consultar ao reservar)
- Prezo: 120€ persoa
Descripción
Información de interese
Consultar ao reservar o número de prazas polas características da experiencia. A experiencia inclúe: casco e seguro, barbacoa, un amigo peludo para sempre.
- Lugar: As Grañas do Sor, Mañón (A Coruña)
- Dirixidoa a: Xinetes con experiencia (a partir de 12 anos en compañía de unha persoa adulta)
- Duración: 7 - 8 horas
- Periodo: De maio a outubro dependendo da meteoroloxía
- Prazas: Mínimo 2 - máximo 4 (consultar ao reservar)
- Prezo: 120€ persoa
Reservas
Granja Labrada https://turismoslow.gal/gl/resultado/granja-labrada