- Turismo Rural (Grupo B, Casa de Aldea)
- A Pontenova
- Nº habitacións: 8
- Tipo: Dobres, triples e cuádruples
- Capacidade total: 23 pax
- Réxime: Media pensión
- Funcionamento: Todo o ano
Servizos
- Biblioteca
- Bicis a disposición da clientela
- Conexión a Internet
- Entradas accesibles
- Espazo para aparcamento
- Lugar para gardar e lavar bicis
- Pago con tarxeta
- Servizo de picnic
- Servizo de recollida no apeadoiro
- Utiliza produtos locais e/ou de produtores artesanais
- Utilízanse produtos ecolóxicos
- Xardín propio
Ubicación en espazo protexido
Enerxías Renovables
Outros servizos
Prepara ceas só para clientela
Xestión de actividades de lecer próximas
Xestión de actividades de benestar
- Contacto: Nacho
- Español, Galego, Inglés
"Rodeada de magníficos bosques case virxes atópase unha magnífica vila do S. XVIII con 500 m2, distribuídos en 6 preciosas suites dobres con baño privado, todas diferentes na súa decoración, un gran salón con cheminea e magníficas vistas ao val, acolledor hall, sala de televisión, comedor con cheminea no que se serven exquisitos e variados almorzos caseiros, elaborados diariamente con produtos da zona e da propia casa. Todas as estancias decoráronse cunha mestura de mobles de deseño e antigüidades restauradas pola propia dona, o que fai que se cre un aspecto único e acolledor a esta preciosa casa. Na restauración mantivéronse os seus muros de pedra, utilizando materiais da zona, como lousa, castiñeiro, pedra e sempre respectando a arquitectura tradicional da comarca. A destacar tamén as súas magníficas zonas comúns no exterior: xardíns de deseño, acolledor patio, terraza solárium desde a que se divisa todo o val, en días claros poden verse ata un total de 20 aldeas, zona de relax nun dos seus hórreos, etc.… cada unha delas debidamente amoblada e acondicionada para que cada cliente poida gozar duns marabillosos días de relax nunha paraxe espectacular. Entre a diversidade de zonas próximas de interese turístico, destacar: Ribadeo, Foz, Mondoñedo, Castropol, Tapia, Taramundi, os Oscos e como non a preciosa Praia das Catedrais que se atopa tan só a 37 km do complexo. Un luxo ao teu alcance…"
Contact Business
Información adicional
Idiomas
Horario

Los Anegles
Los Anegles
