experiencias slow
No Turismo Slow Norte de Galicia defendemos un turismo de vagar, no que cada persoa marque os seus horarios, pero no que se dispoña de tempo suficiente para poder visitar o noso patrimonio material e inmaterial, coñecer a nosa cultura e gozar da nosa oferta gastronómica.
Pero tamén sabemos que non sempre se dispón de todo o tempo que nos gustaría… así que desde os aloxamentos deseñamos unhas experiencias con filosofía slow para que poidas estimular os teus sentidos, dedicando 2 días ao que ti prefiras: descansar, activar o corpo, aprender novas cousas, perderte no interior do Norte do Norte, ou adentrarte no teu interior. Elixe a que máis te guste e déixate levar!