experiencias Slow

Seguramente neste apartado esperarás atopar infinitas experiencias ou paquetes a escoller ou un paquete de actividades para poder empaparte do Norte do Norte na túa estancia e deixarche unha sensación “slow”… Sen embargo, antes de falar de experiencias, déixanos explicarche primeiro qué é, e de qué vai o Turismo Slow Norte de Galicia.

Para nós, as persoas que estamos detrás deste proxecto, o Turismo Slow Norte de Galicia é o xeito de dar a coñecer a esencia do noso territorio, que o define: unha terra chea de contrastes, cunha gastronomía propia, multitude de lugares segredos e paraxes naturais, cunhas rutas para perderse e gozar da nosa cultura tradicional. Todo isto resúmese neste sitio web, que convertemos nun escaparate do que podes atopar neste destino. Pero para nos, sobre todo, o Turismo Slow Norte de Galicia e un proxecto que busca a sostenibilidade e no que volcamos a nosa responsabilidade.
 

 

sostenibilidade e responsabilidade
 
Para nós o Turismo Slow Norte de Galicia é, sobre todo, un proxecto que busca a sostenibilidade e na que volcamos a nosa responsabilidade:

     > responsabilidade medioambiental para manter o que nos rodea, a base da nosa idiosincrasia dende a natureza, a súa forza e o su carácter

     > e responsabilidade social, a través duhna economía colaborativa que reverta na nosa comunidade local, empregando os recursos e produtos máis próximos para qué o retorno da nosa actividade se converta en algo positivo para todas as persoas que vivimos nesta area

O Turismo Slow Norte de Galicia, polo tanto, é máis que un proxecto turístico, é a busca da sostenibilidade: o equilibrio económico, medioambiental e social coa nosa actividade, para producir un retorno positivo no noso entorno máis próximo.

E esta filosofía é a que intentamos levar ao noso proxecto e reflexar no nosa web, mostrando algo máis que unha relación de aloxamentos, comunicando o compromiso das empresas.

de qué maneira?
 
Compromiso co Medioambiente: as empresas que forman parte do Turismo Slow Norte de Galicia descobren os sus segredos respecto da súa relación co entorno (enerxías limpas, control de consumos, reutilización das augas residuais…), así como as boas prácticas das persoas anfitrioas focalizadas a ser medioambientalmente responsables: ben reducindo o impacto sobre o entorno ou ben devolvéndolle aquelo que levamos prestado (reciclaxe, ecoloxía…). Podes ver estes datos no apartado “Aloxamentos.

Compromiso ca sociedade: somos moi conscientes da nosa riqueza patrimonial, cultural e gastronómica e da importancia da economía km0. Así, no almorzo, xantar ou cea que ofrecemos nos nosos aloxamentos poderás gozar de produtos locaís, sempre dende unha perspectiva saudable e integradora. Non todos os aloxamentos ofrecen o mesmo, pero todos somos conscientes da necesidade de atender as novas tendencias e demandas na alimentación, polo que aplicamos a formación e a mellora continua para coñecer novos menús e receitas acordes a esas demandas pero sen perder a esencia do Norte do Norte, porque a base dunha comida saudable está na calidade dos produtos, e eso non se pode explicar, teredes que vir para comprobalo!!

 

 
máis experiencias Slow

Pero, ademais de gozar da nosa paisaxe, dos aloxamentos e da atención da xente de acollida (que é suficiente!), Tamén ofrecemos outras experiencias baseadas na nosa filosofía:
 


 

 
produtos locais

Ven a coñecer e visitar aos nosos produtores locais, os seus produtos elaborados dun xeito artesanal e sostible, son a garantía do sabor auténtico do noso mar e da nosa terra e dunha alta calidade.

 

 
FacebooktwitterFacebooktwitter