Filosofía Slow

Turismo Slow Norte de Galicia
Turismo Slow Norte de Galicia

Que é o Turismo Slow Norte de Galicia?

Turismo Slow Norte de Galicia somos unha rede de aloxamentos comprometidos coa sostibilidade que reivindicamos a verdadeira esencia de viaxar: coñecer un territorio a fondo, descubrindo a súa paisaxe, costumes, tradicións e a forma de vida da comunidade local.

A autenticidade, o compromiso coa sostibilidade e a conexión co noso territorio é a base da nosa oferta. Apostamos por un turismo consciente e respectuoso, que recupere os valores esenciais para brindar experiencias máis auténticas, pausadas e enriquecedoras.

Traballamos baixo as seguintes premisas:

  • Preservar a cultura e o medio: Cremos que o turismo pode ser unha forza para axudar a conservar os nosos recursos naturais e culturais, contribuíndo a manter vivas as tradicións e a protexer a nosa terra para as futuras xeracións.

  • Gozar do tempo con calidade: Cremos que as mellores experiencias son aquelas que se saborean amodiño, tomando o tempo necesario para sentir cada lugar.

  • Coñecer a alma do destino: axudámoste a descubrir que as mellores paisaxes non están nos mapas turísticos, e que o verdadeiro tesouro do Norte de Galicia atópase nos detalles: no recendo dun prato tradicional, no cantar dos paxaros ao amencer, na conversa cunha artesá local…

O noso obxectivo común é desenvolver unha actividade económica sostible que alcance un equilibrio ambiental, social e económico, xerando un impacto positivo na nosa contorna. Para achegarche máis á nosa filosofía, compartimos o noso decálogo de compromisos que todas as empresas pertencentes ao Turismo Slow Norte de Galicia cumprimos: 

 

Decálogo de compromisos

  1. Pequenos aloxamentos
    Contamos con menos de 20 habitacións (a maioría menos de 10 habitacións), o que nos permite minimizar a nosa pegada ambiental e ofrecer unha experiencia máis auténtica e persoalizada.
  2. Construcións Tradicionais e Sostibles
    As nosas instalacións intégranse na paisaxe, empregando materiais naturais como pedra, madeira e cristal, recuperados de antigas construcións para preservar a esencia local, ou creámolas novas respectando a contorna.
  3. Boas Prácticas Medioambientais
    Apostamos polo uso de enerxías renovables, xestionamos de forma eficiente os residuos (reducimos, reutilizamos e reciclamos), aforramos auga e controlamos a contaminación lumínica para coidar o noso entorno.
  4. Eficiencia Enerxética
    Contamos con sistemas de illamento térmico, iluminación de baixo consumo e dispositivos de aforro de auga para optimizar o uso de recursos naturais..
  5. Apoio á Economía Local
    Comprometémonos co tecido social e económico da nosa comunidade: contratamos persoal local, adquirimos produtos de quilómetro 0 e colaboramos con provedores e emprendedores da zona.
  1. Educación e sensibilización ambiental
    Informamos á nosa clientela das nosas prácticas sostibles, animándoa a adoptar comportamentos respectuosos co medio durante a súa estancia para contribuír ao desenvolvemento sostible do territorio.
  2. Produtos Locais e Artesanais como prioridade
    Priorizamos produtos de calidade, locais, artesanais e caseiros, promovendo que as persoas que se hospedan nos nosos aloxamentos coñezan e consuman o mellor da nosa gastronomía e artesanía local.
  3. Actividades que Respectan a Natureza e a Comunidade
    Ofrecemos experiencias que conectan coa contorna sen deixar pegada ambiental, apoiando o desenvolvemento local a través de actividades culturais e de lecer sostibles. Podes descubrir todas as nosas propostas aquí.
  4. Mobilidade sostible para un Turismo Responsable
    Facilitamos información sobre as opcións de transporte máis ecolóxicas dispoñibles na nosa contorna, como bicicletas, tren e autobuses, para promover desprazamentos sostibles.
  5. A Artesanía do Trato
    Valoramos a artesanía do trato humano. Grazas ao noso tamaño reducido, podemos ofrecer unha atención próxima e adaptada ás túas necesidades, para que ti poidas relaxarte e gozar ao máximo da túa estancia.
Turismo Slow Norde de Galicia

Qué Significa Viaxar en Modo Slow?

Desconectar das Présas, Conectar Coa Natureza

O turismo slow é unha invitación a desacelerar o ritmo, a esquecer o reloxo e gozar do presente. En lugar de acumular visitas turísticas, propoñémosche perderte nas fragas galegas, camiñar sen présa polas nosas vilas e aldeas e deixarte cativar polo son do mar nas nosas costas.

Apreciar a Autenticidade

Apostamos pola autenticidade e as tradicións locais. Desde degustar as conservas tradicionais nun pequeno obradoiro ata participar nunha visita aos mercados locais, vivir unha demostración de artesanía en vivo ou descubrir tesouros naturais e patrimoniais; cada experiencia é unha oportunidade para conectar coa nosa forma de vida, coas nosas xentes, os nosos costumes e os nosos sabores.

Sostibilidade e Respecto ao noso contorno

Ser slow tamén significa ser sostible. En Turismo Slow Norte de Galicia promovemos un turismo responsable que respecta o medio ambiente e apoia á nosa comunidade local. Os aloxamentos, experiencias e produtos que atoparás aquí están seleccionados polo seu compromiso coa sostibilidade, para que a túa pegada sexa sempre positiva.

Turismo Slow Norte de Galicia

Redescubrindo o Norte a Través da Sostibilidade e a Responsabilidade

Para nós, as persoas que conformamos esta rede de aloxamentos, o Turismo Slow Norte de Galicia é o xeito de dar a coñecer a esencia do noso territorio, aquelo que o define: unha terra chea de contrastes, cunha gastronomía propia, multitude de lugares segredos e paraxes naturais, cunhas rutas para perderse e gozar da nosa cultura tradicional.

Todo isto resúmese neste sitio web, que convertemos nun escaparate do que podes atopar neste destino.

Pero, sobre todo, o Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto que busca a sostibilidade e no que queremos reflectir o noso compromiso co Medio Ambiente e coa sociedade.

Buscamos a sostibilidade a través da responsabilidade:

  • responsabilidade medioambiental para manter o que nos rodea, a base da nosa idiosincrasia dende a natureza, a súa forza e o seu carácter.

  • e responsabilidade social, a través dunha economía de colaboración que reverta na nosa comunidade local, empregando os recursos e produtos máis próximos para que o retorno da nosa actividade se converta en algo positivo para todas as persoas que vivimos nesta área.

O Turismo Slow Norte de Galicia busca a sostibilidade: o equilibrio económico, medioambiental e social coa nosa actividade, para producir un retorno positivo na nosa contorna máis próxima a través do:

Compromiso co Medio ambiente: as empresas que forman parte do Turismo Slow Norte de Galicia descobren os seus segredos respecto da súa relación coa contorna (enerxías limpas, control de consumos, re utilización das augas residuais…), así como as boas prácticas das persoas anfitrioas focalizadas a ser responsables no aspecto medioambiental: ben reducindo o impacto sobre a contorna ou ben devolvéndolle aquilo que levamos prestado (reciclaxe, ecoloxía…). Podes ver estes datos no apartado “Aloxamentos

Compromiso coa sociedade: somos moi conscientes da nosa riqueza patrimonial, cultural e gastronómica e da importancia da economía km0. Así, no almorzo, xantar ou cea que ofrecemos nos nosos aloxamentos poderás gozar de produtos locais, sempre dende unha perspectiva saudable e integradora. Non todos os aloxamentos ofrecen o mesmo, pero todos somos conscientes da necesidade de atender as novas tendencias e demandas na alimentación, polo que aplicamos a formación e a mellora continua para coñecer novos menús e receitas acordes a esas demandas pero sen perder a esencia do Norte do Norte, porque a base dunha comida saudable está na calidade dos produtos, e iso non se pode explicar, terás que vir para comprobalo!!

Como formar parte do Turismo Slow Norte de Galicia

Criterios do turismo slow

Para formar parte do Turismo Slow Norte de Galicia é imprescindible cumprir os seguintes criterios obrigatorios:

Compromiso coa Sostibilidade ambiental

  • Xestión medio ambiental:
    1. Uso de enerxías renovables.
    2. Reciclaxe
      1. Xestión do papel e tinta.
      2. Redución dos plásticos de un só uso.
    3. Consumo e eficiencia enerxética.
      1. Uso de lámpadas de baixo consumo.
      2. Electrodomésticos de baixo consumo.
      3. Control da iluminación.
      4. Apagado automático de iluminación.
      5. Sistema de recollida de auga de chuvia.
      6. Control do rego.
      7. Dispositivos de aforro de auga (redutores de fluxo, inodoros de baixo consumo).
      8. Reutilización da augas grises.
      9. Servizo de lavandería.
  • Prácticas sostibles
    1. Abonos naturais.
    2. Uso de produtos inocuos (pinturas, vernices, etc.).
    3. Uso de produtos de limpeza biodegradables.
    4. Medidas para evitar a introdución de especies exóticas invasoras nas zonas verdes.
      1. Medidas de redución do desperdicio alimentario.

Apoio á comunidade local

  • Persoal local

  • Empresas provedoras locais

  • Produtos alimenticios primarios locais

  • Promoción da arte, arquitectura ou patrimonio cultural local

  • Oferta servizos de ocio con elementos de educación ambiental

  • Produtos ou experiencias baseadas en elementos propios da identidade local (cultural, elementos etnográficos, etc.)

  • Apoia, participa ou promove accións para o coidado e desenvolvemento da poboación local.

Turismo consciente e responsable

  • Información sobre puntos de interese turísticos, experiencias locais, restaurantes, artesanía, etc.

  • Información e xestión de opcións de transporte máis ecolóxicas (bicis, tren, bus, etc.)

  • Información sobre reciclaxe e sostibilidade ao persoal

  • Información sobre comportamentos responsables co medio ambiente (reciclaxe e sostibilidade) ás persoas hospedadas

E, dado que se trata dunha rede de aloxamentos, a pertenza á rede implica ademais comprometerse a participar e implicarse no proxecto.

The best team members

Meet the professional people here

Our feedbacks

What they’re talking about us

Trust score 4.5 (Based on 2,500 reviews)

Aloxamentos

Experiencias