Anfitrión/a: Mónica Barreira García

"“A Casa das Augas!! Como diría a miña avoa, o nome feito a medida para a nosa casa... Maxia, vida, natureza, agarimo... Pequenas cousas que chegan ao corazón... Asomarte ao balcón sobre a canle e gozar dun auténtico espectáculo ollando como transcorre a través do fogar a auga que movía os nosos muíños, creemos que é unha experiencia inesquecible... No momento que chegas á nosa casa ...formas parte de nós, da nosa familia, polo que imos a atender sempre todas as túas necesidades e tentar que te sintas como no teu propio fogar!!! Á beira do río no verán ou mesmo aos pés da cheminea...poderemos contar miles de contos e experiencias!! Iso si...tes que probar o noso almorzo...todo!! Que foi o que máis che gustou?? A min tamén...!! Non che contamos máis.. agora só estamos desexando coñecerte!! Esperámoste!”"  
FacebooktwitterFacebooktwitter
A Casa das Augas
  Pension
  MONDOÑEDO (Lugo)
 

A Cabana, 1. Viloalle, Mondoñedo (Lugo)
43.45226403938439,-7.356644144917146
687 585 693
acasadasaugas@gmail.com
Período de funcionamento: Todo o ano
Réxime de pensión: Aloxamento e almorzo (Horarios prefixados.)
Prezo a partir de: 90 €

Características
Instalacións
Habitacións: 4 (2 dobres e 2 familiares)
Calefacción: Gasoil
Jardín propio.
Lugar para guardar y lavar bicis.
Idiomas
Galego, Castelán, Inglés.
Ubicación en espazo protexido
Reserva da Biosfera.
Consumo enerxético
Uso de bombillas de baixo consumo. Control da iluminación exterior. Control da iluminación interior. Rego natural. Focos solares en xardín
Ecoloxía
Utilízanse abonos naturais.

Servizos Adicionais
Biblioteca. Servizo de preparación de picnic. Produtos ecolóxicos. Produtos locais ou km.0. Produtos caseiros ou elaboración propia. Menús adaptados. Servizo de recollida no apeadeiro. Xestión de actividades de lecer próximas. Aceptan mascotas. Manantial propio, piscina fluvial con auga do río, parque para crianzas e horta propia.