Norte do Norte

Turismo Slow Norte de Galicia
Turismo Slow Norte de Galicia

Experimenta o Norte do Norte

Experimenta o Norte do Norte, un lugar máxico onde se funden o Atlántico e o Cantábrico, onde descubrir os recunchos secretos do norte de Galicia e sentir a calma dun espazo onde parece deterse o tempo. Un territorio limpo, sen masificar, cun litoral abrupto e numerosos espazos naturais protexidos.

Turismo Slow Norte de Galicia é unha oportunidade para gozar dun territorio limpo, sen masificar, cun litoral abrupto e numerosos espazos naturais protexidos… e dun ritmo de vida que paga a pena recuperar, un ritmo marcado unicamente polo teu reloxo biolóxico, e onde se pode experimentar unha forma diferente de viaxar, de vagar, gozando de cada sensación para aprender ou reaprender a gozar a vida doutra maneira. Unha viaxe sustentable, unha viaxe con consciencia, onde interactuar coa cultura local, degustar produtos da zona e realizar actividades na natureza. Poucos lugares poden ofrecer espectáculos naturais tan lindos como os que gozarás nesta zona.

Achégate a pasear á beira dun dos cantís máis altos de Europa e a coñecer parte das Reservas da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Bourón e Terras do Miño e os bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa, as Fragas do Eume. Percorre a Ría de O Barqueiro en silencio, deixando que esa calma sexa interrompida por corzos, garzas ou falcóns… pasea pola Vía Verde do Eo e abraza un eucalipto xigante no Souto da Retorta. Goza das mellores vistas da parte máis setentrional da península, Estaca de Bares (a punta situada máis ao norte da Península Ibérica, declarada Sitio Natural de Interese Nacional desde 1933), onde poderás avistar aves migratorias, e descobre en Cabo Ortegal as rochas máis antigas do planeta: as ecloxitas.

Déixate levar pola súa Historia, para viaxar a un tempo onde se construíu a catedral máis antiga de España e levantáronse as súas vilas e castelos medievais; e déixate enfeitizar polas súas historias e lendas que che introducirán nun destino máxico.

O Norte do Norte está repleto de patrimonio natural, histórico e monumental, pero tamén de patrimonio etnográfico, de historias de vida, que che mergullarán na cultura local.

Nesta zona poderás gozar das vistas da unión de dous mares infinitos, unha ampla zona con longos e salvaxes areais onde pasear, pequenas calas para desconectar, altos cantís para observar a inmensidade do océano, recónditos paraísos naturais nos que perderse e recunchos secretos para desconectar do mundo.

Conta a lenda que “a San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo”, así que sabemos que antes ou despois virás coñecer o Norte do Norte… Esperámoste!!

01

+ gastronomía

Experimenta, de vagar, a riqueza e os aromas da cociña local, donde a elevada variedade e calidade dos nosos produtos convértese nun dos nosos trazos de identidade. Proba as receitas locais, nas que apreciarás a permanencia da tradición e a súa evolución respectuosa cara á unha cociña innovadora. Convidámosvos a percorrer o Norte do Norte, onde atoparedes acolledores restaurantes. Neles, os produtos de temporada marcan as súas cociñas, desde as máis tradicionais ás máis innovadoras. Pregunta aos teus anfitrións e anfitrioas polos seus mellores consellos para elixir onde comer…
02

+ rutas para perderse

O Norte do Norte ofrece multitude de opcións para facer innumerables rutas a pé, en bicicleta, a cabalo ou mesmo en canoa. Percorrendo estes carreiros gozarás do contacto coa natureza máis salvaxe. Unha paisaxe espectacular para gozar sen présa. Descobre estes carreiros que percorren paisaxes únicas, de cantís soberbios, areais intactos, bosques frondosos, verdes vales e ríos tranquilos. Territorio salvaxe e preservado, o Norte de Galicia é un verdadeiro paraíso para os namorados da natureza e do mar.
03

+ patrimonio natural

Rodéate da mellor compañía e dunhas paisaxes de ensoño, respira profundo, sente o vento na túa cara, escoita as olas romper sobre as rocas, camiña entre árbores autóctonas, deixa que se che enchan os zapatos de area, pérdete entre os camiños á tardiña… o Norte de Galicia e os seus espazos máxicos, salvaxes e protexidos.
04

+ actividades

O Norte de Galicia ofrece moitas posibilidades para gozar do teu tempo de ocio, practicando actividades na natureza nun marco incomparable. Deixa que os teus anfitrións e anfitrioas te informen e che recomenden sobre as actividades que podes facer no destino.
05

+ recunchos secretos

Ademais de lugares turísticos que poden ser visitados, no Norte de Galicia tamén existen innumerables recunchos secretos descoñecidos para a maioría da xente. Recunchos con maxia, para descansar, para gozar ou simplemente para sentir… recunchos secretos aos que poder ir e pasar un bo intre, dar un bo paseo ou simplemente admirar a gran paisaxe que ofrece o Norte do Norte. Os vosos anfitrións e anfitrioas descubriranvos lugares secretos para desconectar e gozar da calma dun espazo donde parece deterse o tempo.
06

+ cultura local

O Norte do Norte está repleto de patrimonio natural, histórico e monumental, pero tamén de patrimonio etnográfico, de historias de vida, que te mergullarán na cultura local: aproveita para empaparte da nosa cultura relixiosa, medieval, industrial e mariñeira, da nosa artesanía e das nosas festas populares.
Como formar parte do Turismo Slow Norte de Galicia

Criterios do turismo slow

Para formar parte do Turismo Slow Norte de Galicia é imprescindible cumprir os seguintes criterios obrigatorios:

Compromiso coa Sostibilidade ambiental

  • Xestión medio ambiental:
    1. Uso de enerxías renovables.
    2. Reciclaxe
      1. Xestión do papel e tinta.
      2. Redución dos plásticos de un só uso.
    3. Consumo e eficiencia enerxética.
      1. Uso de lámpadas de baixo consumo.
      2. Electrodomésticos de baixo consumo.
      3. Control da iluminación.
      4. Apagado automático de iluminación.
      5. Sistema de recollida de auga de chuvia.
      6. Control do rego.
      7. Dispositivos de aforro de auga (redutores de fluxo, inodoros de baixo consumo).
      8. Reutilización da augas grises.
      9. Servizo de lavandería.
  • Prácticas sostibles
    1. Abonos naturais.
    2. Uso de produtos inocuos (pinturas, vernices, etc.).
    3. Uso de produtos de limpeza biodegradables.
    4. Medidas para evitar a introdución de especies exóticas invasoras nas zonas verdes.
      1. Medidas de redución do desperdicio alimentario.

Apoio á comunidade local

  • Persoal local

  • Empresas provedoras locais

  • Produtos alimenticios primarios locais

  • Promoción da arte, arquitectura ou patrimonio cultural local

  • Oferta servizos de ocio con elementos de educación ambiental

  • Produtos ou experiencias baseadas en elementos propios da identidade local (cultural, elementos etnográficos, etc.)

  • Apoia, participa ou promove accións para o coidado e desenvolvemento da poboación local.

Turismo consciente e responsable

  • Información sobre puntos de interese turísticos, experiencias locais, restaurantes, artesanía, etc.

  • Información e xestión de opcións de transporte máis ecolóxicas (bicis, tren, bus, etc.)

  • Información sobre reciclaxe e sostibilidade ao persoal

  • Información sobre comportamentos responsables co medio ambiente (reciclaxe e sostibilidade) ás persoas hospedadas

E, dado que se trata dunha rede de aloxamentos, a pertenza á rede implica ademais comprometerse a participar e implicarse no proxecto.

The best team members

Meet the professional people here

Our feedbacks

What they’re talking about us

Trust score 4.5 (Based on 2,500 reviews)

Aloxamentos

Experiencias