Unha xornada para aprender a desconectar da rutina e as preocupacións, sentirse ben, e desfrutar compartindo. Déixate levar polos elementos, auga, lume, aire e terra nunha xornada diferente, centrada no benestar. En Finca Galea propoñemos unha xornada na que realizar actividades para gozar do entorno, da natureza e do noso interior, comezando cun paseo consciente pola finca e unha introdución ao Mindfulnes ou mente en calma, seguir cunha comida vexetariana para alimentar o corpo, unha actividade de movemento para activar a dixestión (Chi Kung) e rematar cunha pequena actividade de percusión e canto para equilibrar o corpo antes de marchar.
- Dirixidoa a: Todos os públicos
- Duración: Xornada de 6 horas de duración
- Periodo: Todo o ano salvo: Xullo, Agosto, Semana Santa, pontes e festivos.
- Prazas: Mínimo 5 e Máximo 8 persoas
- Prezo: 48€ por persoa para a xornada. Pode complementarse con aloxamento na mesma finca, cun coste a maiores de 42€ por persoa e noite en habitación dobre (almorzo incluído).
Descripción
Información de interese
No caso de que as condicións climatolóxicas non permitan a realización de actividades de exterior, estas serán substituídas por outras relacionadas, como talleres de artesanía manual.
As actividades de movemento (Chi Kung) poden ser substituídas por exercicios de coordinación e estiramentos e/ou baile.
- Lugar: Finca Galea (Alfoz)