- Apartamentos turísticos
- Monfero
- Apartamentos turísticos
- Nº habitacións: 4
- Tipo: Dobres
- Capacidade total: 18
- Réxime: Aloxamento e almorzo (baixo petición)
- Funcionamento: Todo o ano
- Opción de alugar casa completa
Servizos
- Aceptan mascotas
- Biblioteca
- Bicis a disposición da clientela
- Conexión a Internet
- Entradas accesibles
- Espazo para aparcamento
- Estación carga coches eléctricos
- Lugar para gardar e lavar bicis
- Pago con tarxeta
- Piscina
- Ten restaurante
- Utiliza produtos alimenticios ecolóxicos, con Indicación Xeográfica Protexida
- Utiliza produtos alimenticios locais e/ou artesanais
- Utiliza produtos de limpeza naturais e/ou biodegradables
- Utiliza produtos hixiénicos/cosméticos ecolóxicos e/ou naturais
- Xardín propio
Outros servizos
Servizo de restaurante para persoas hospedadas baixo petición.
Servizo de almorzo baixo petición. Consultar prezo.
Dispoñibilidade de 2 bicicletas eléctricas. Consultar prezo.
Sauna e Jacuzzi (de leña). Baixo reserva e con custo adicional.
- Contacto: Rodrigo
- Català, English, Español, Galego, Italiano
Desde
""Somos Verity e Rodrigo, parella na vida e neste proxecto, que compartimos coas nosas dúas fillas pequenas e os nosos dous cans, todos eles unha parte esencial desta historia. Rodrigo é galego e conta cunha ampla experiencia no mundo da hostalaría. Durante anos rexentou o seu propio restaurante, e recibir a xente, facela sentir como na casa e crear momentos inesquecibles sempre estivo no centro do seu traballo. Verity é inglesa e leva máis de dez anos vivindo en España. Procedente do mundo da moda e da creación, achega unha gran sensibilidade polo estilo, os detalles e a atmosfera, coa convicción de que os espazos deben sentirse tan ben como se ven. O que comezou como un soño persoal converteuse nun espazo que agora queremos compartir con outras persoas: un refuxio para escapadas tranquilas, encontros íntimos e eventos coidados ata o último detalle. Un lugar onde reunirse, celebrar ou, simplemente, gozar do momento presente, nun ambiente relaxado, auténtico e cheo de agarimo. Agardamos que aquí vos sintades coma na casa.”"
Contact Business
Información adicional
Idiomas
Horario
Los Anegles
Los Anegles










