cultura mariñeira
 
O Norte de Galicia sabe a mar e caracterízase por ser un territorio cunha forte tradición mariñeira que se reflicte a través de moitos aspectos ou signos de identidade que che convidamos a descubrir
Achégate a coñecer o modo de vida da súa xente, a arquitectura dos seus portos, pobos e casas (que conservan e manteñen na actualidade un marcado aspecto mariñeiro), os oficios vinculados co mar que aínda existen (pesca, marisqueo, a actividade pesqueira das lonxas, a recollida de algas, elaboración de conservas, elaboración artesanal de redes e apeiros para pesca, construción de barcos,), as tradicións (romarías, festas, música,…), e os museos a través dos que poderás coñecer un pouco máis da nosa cultura.

 

 
FacebooktwitterFacebooktwitter