Bonos Slow

Regala unha experiencia de turismo diferente, de vagar, para aprender ou reaprender a gozar a vida doutra maneira. . Unha viaxe sustentable, unha viaxe con consciencia, onde interactuar coa cultura local, degustar produtos da zona e realizar actividades na natureza.

Os Bonos Slow conteñen estancias de Turismo Slow no Norte de Galicia e pódelos comprar poñéndote en contacto directamente cos anfitrións e/ou anfitrioas do aloxamento que ti elixas. Entra na ficha do aloxamento que máis che guste e contacta co anfitrión ou anfitrioa a través da súa web, teléfono ou correo electrónico.
 
 
Condicións Bonos Regalo

– Os bonos poden adquirirse sen data determinada. A data para poder gozalo pode ser elixida posteriormente polo portador ou beneficiario do bono, cun tempo límite de 12 meses desde a súa compra.
– Para poder gozar do bono, é imprescindible realizar unha reserva previa no aloxamento, indicando o nº de bono e o nome da persoa beneficiaria.
– Os Bonos regalo están suxeitos á dispoñibilidade de cada establecemento, podéndose reservar o dereito de non aceptar bonos de aloxamento dunha noite nas datas en que o establecemento esixa un número maior de noites como estancia mínima.
– Válido para os servizos concretos que se indican no Bono, no aloxamento especificado para o seu goce.
– Os Bonos non se poden trocar, en ningún caso, por diñeiro
– Caducidade: 12 meses desde a súa data de emisión.
– Consulte suplementos de neno e terceira persoa.