En Galicia é preciso notificar a chegada á rexión, sobre todo aquelas persoas que proveñan ou estiveran nos últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica por COVID-19.

Esta comunicación deberá ser completada por cada unha das persoas viaxeiras, que serán responsables de que a información subministrada sexa veraz e precisa. No caso de menores de idade, persoas dependentes ou incapacitadas, a declaración será cuberta pola titora, que se fará responsable da veracidade da información que se achega.

En caso de presentar algunha sintomatoloxía relacionada coa COVID-19 (tose, febre, sensación de falta de aire), debes chamar ao 881 00 20 21. Neste teléfono, calquera persoa viaxeira que non resida en Galicia será atendida sen custo.

Deberás dar os teus datos de contacto cubrindo o formulario que está dispoñible na web coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou chamando ao teléfono 881 00 20 21.
 
 







 

Os territorios que se consideran de alta incidencia epidemiolóxica pola Covid-19 actualizaranse quincenalmente. Os actuais están dispoñibles no apartado para persoas viaxeiras da páxina do Servizo Galego de Saúde.