cultura medieval
Viaxa ao pasado e introdúcete na cultura medieval visitando os numerosos castelos e fortificacións que existen no territorio, pasea por dentro das súas murallas e imaxínate a vida de antano
No territorio poderás atopar diferentes castelos ou fortificacións que manteñen viva a representación do que foron no pasado: algún deles concibidos como edificacións cuxa orixe foi a protección das propiedades feudais, outros construídos como elementos defensivos situados nos enclaves máis estratéxicos e rodeados dunha contorna dunha beleza incomparable e outros que aínda existen hoxe como símbolos das reivindicacións e movementos populares
Non deixes de facer unha viaxe ao pasado visitando entre outros, o Castelo dos Andrade (Pontedeume), o Castelo de Moeche (Moeche), os Castelos de San Felipe e a Palma (Ferrol), o castelo da Concepción (Cedeira) e o Castelo de O Casón (Ortigueira), a Fortaleza de Pardo de Cela (Alfoz), a muralla medieval de Mondoñedo e o Castelo de San Damián (Ribadeo)
Achégate a coñecer a historia e lendas que hai en cada un dos seus recunchos!