rutas para perderse

O Norte do Norte ofrece multitude de opcións para facer innumerables rutas a pé, en bicicleta, a cabalo ou mesmo en canoa. Percorrendo estes carreiros gozarás do contacto coa natureza máis salvaxe. Unha paisaxe espectacular para gozar sen présa

 

Descobre estes carreiros que percorren paisaxes únicas, de cantís soberbios, areais intactos, bosques frondosos, verdes vales e ríos tranquilos. Territorio salvaxe e preservado, o Norte de Galicia é un verdadeiro paraíso para os namorados da natureza e do mar.

A continuación mostrámosche exemplos de rutas que discorren a través de paraxes de gran atractivo, que amosan ou conviven con elementos da nosa historia como castelos, pontes ou pazos…; e que che descubrirán unha nova perspectiva e a gran riqueza e beleza da nosa contorna natural.

Deixa que os teus anfitrións e anfitrioas che recoménden as mellores rutas para gozar de cada recuncho do norte do norte.
 

Rutas senderismo e cabalo
• As Fragas do Eume – Os Encomendeiros
• Camiño da Costa
• Camiño de Santiago Inglés
• Senda Litoral Ártabra
• Morgallón-Río Sor-Morgallón
• Camiño Santiago Norte
• Camiño San Rosendo
• Ruta da Auga
 
Rutas BTT e cabalo
• Entre dúas Rías
• Ruta das Praias
• Ruta dos Castelos
• Camino Natural Ruta do Cantábrico
• Costa Occidental A Mariña Lucense
• Costa Oriental A Mariña Lucense
 
Rutas Kayak
• Río Sor
• Río Masma
• Ría do Eo
• Ría de Ortigueira
• Río Eume
• Ría do Barqueiro