cultura industrial
 
Achégate a descubrir a pegada que moitas industrias deixaron no Norte do Norte e que son referentes a nivel internacional.

Destacamos, por exemplo, a industria cerámica na Mariña Lucense, que ten como buque insignia a fábrica de Sargadelos e cuxas orixes datan do S.XIX (1806), cunha gran tradición e coidado na elaboración de cada unha das súas pezas.

Na zona de Ferrol poderás coñecer o gran patrimonio industrial que atesoura en relación á construción naval visitando os Estaleiros e o Arsenal, hoxe convertidos en reclamo turístico.

Como testemuño da historia mineira e industrial poderás visitar os fornos das Minas de Vilaoudriz (A Pontenova) e seguir a senda do tren ata Ribadeo, para ver O Cargadoiro, unha estrutura de piares de pedra e armazón metálico que nos chamará poderosamente a atención; ou facer a ruta ata as “Minas da Silvarosa e Galdo” en Viveiro, onde antigamente extraíase este mineral e nas que na actualidade poderás apreciar os pozos, canteiras e antigas edificacións.

Dentro da industria da alimentación, o Norte de Galicia atesoura tamén unha infinidade de recunchos cheos de historias, como os Muíños de Neda e Narón, cunha gran tradición asociada á elaboración do pan, ou as fábricas de conservas, onde descubrir o proceso de elaboración artesanal.

 

 
FacebooktwitterFacebooktwitter