“EQUILIBRA CORPO E MENTE”
Casa Penaquente (Ortigueira)
 
Descripción:
É tempo de coidarse e de coidar o noso benestar, de tomar consciencia e de conectar corpo, mente e respiración co que nos rodea, a natureza. Por iso, nada mellor que deixarse guiar a través de actividades de Tai Chi que te axudarán a atopar o equilibrio perfecto.
Irene propón dúas noites en réxime de aloxamento e almorzo, e 2 sesións de Tai Chi para que re conectes co teu interior.

 
Dirixido a:
Parellas, Grupos (a partir de 18 anos)
 
Duración:
2 noites
 
Período:
3º fin de semana de cada mes de Setembro a Xuño.
 
Prazas:
Mínimo 2 persoas, Máximo 10 persoas.
 
Prezo:
100€/persoa (en habitación dobre).
 
Información de interese:
A duración de cada sesión será de 2 horas, realizaranse o sábado e o domingo pola mañá.
A actividade consistirá na aprendizaxe de 10 movementos clave do Tai Chi. En caso de que o tempo o permita, a actividade poderá desenvolverse no exterior.

 

reservas:
Casa Penaquente
Ortigueira