"Rutas guiadas en bicicleta eléctrica por Ferrolterra"
Ferrolterra (A Coruña)

Descripción:
Tanto se queres facer algún dos camiño que levan a Santo André de Teixido, facer unha ruta pola incríble Capelada ,facer a Senda Das Ondas, percorrer a senda Ártabra ou a bonita costa de Loiba, en Portal Norte, organizamos todo para que gocedes dunha gran experiencia nun entorno incomparable. Só tes que preocuparte por pedalear e gozar!

Dirixido a:
Todo tipo de público (altura mínima 1,60)

Duración:
2 - 6 horas (segundo ruta)

Período:
Todo o ano

Prazas:
Mínimo 2 - Máximo 6 persoas.

Prezo:
A partir de 25 euros. Consultar prezo.

Información de interese:
Rutas de dificultade media baixa. Dirixidas tanto a persoas acostumadas a andar en bici ou non grazas a axuda da asistencia que ofrecen as e-bikes. O prezo inclúe: servizo de transporte ao punto de inicio e lugar de destino escollido, subministración de aprovisionamentos precisos e asistencia técnica durante a ruta.
Reservas:
José Manuel Breijo
Portal Norte
www.portalnorte.es
jmbreijolopez@gmail.com
648 877 780