Anfitrión/a: Nacho

"“Rodeada de magníficos bosques case virxes atópase unha magnífica vila do S. XVIII con 500 m2, distribuídos en 6 preciosas suites dobres con baño privado, todas diferentes na súa decoración, un gran salón con cheminea e magníficas vistas ao val, acolledor hall, sala de televisión, comedor con cheminea no que se serven exquisitos e variados almorzos caseiros, elaborados diariamente con produtos da zona e da propia casa. Todas as estancias decoráronse cunha mestura de mobles de deseño e antigüidades restauradas pola propia dona, o que fai que se cre un aspecto único e acolledor a esta preciosa casa. Na restauración mantivéronse os seus muros de pedra, utilizando materiais da zona, como lousa, castiñeiro, pedra e sempre respectando a arquitectura tradicional da comarca. A destacar tamén as súas magníficas zonas comúns no exterior: xardíns de deseño, acolledor patio, terraza solárium desde a que se divisa todo o val, en días claros poden verse ata un total de 20 aldeas, zona de relax nun dos seus hórreos, etc.… cada unha delas debidamente amoblada e acondicionada para que cada cliente poida gozar duns marabillosos días de relax nunha paraxe espectacular. Entre a diversidade de zonas próximas de interese turístico, destacar: Ribadeo, Foz, Mondoñedo, Castropol, Tapia, Taramundi, os Oscos e como non a preciosa Praia das Catedrais que se atopa tan só a 37 km do complexo. Un luxo ao teu alcance… ”"  
FacebooktwitterFacebooktwitter
Lar de Víes
  Casa de turismo Rural/Rural House
  A PONTENOVA (Lugo)
 

Calle Neipín nº4, A Pontenova (Lugo)
43,325593,-7.162609
678655303
reservas@lardevies.com
www.lardevies.com
Período de funcionamento: Todo o ano
Réxime de pensión: Media pensión (Horarios prefixados.)
Prezo a partir de: 85 €

Características
Instalacións
Habitacións: 8 (Dobres, triples e cuádruples)
Calefacción: Toda a casa
Jardín propio.
Lugar para guardar y lavar bicis.
Idiomas
Galego. Castelán. Inglés.
Ubicación en espazo protexido
Reserva da Biosfera.
Reciclaxe
Ofrécese información sobre reciclaxe e sostenibilidade ao persoal.
Consumo enerxético
Control do rego. Uso de bombillas de baixo consumo. Control da iluminación exterior. Control da iluminación interior.
Enerxías renovables
Biomasa.
Ecoloxía
Utilízanse abonos naturais. Uso de auga km.0.

Servizos Adicionais
Horarios prefixados. Jardín propio. Lugar para guardar y lavar bicis. Servizo de preparación de picnic. Produtos ecolóxicos. Produtos locais ou km.0. Produtos caseiros ou elaboración propia. Menús adaptados. Info menús adaptados: Vexetarianos. Servizo de Xestión de aluguer de bicicletas. Servizo de lavandería. Aceptan mascotas. Info mascotas: previa reserva apartamento