Por isto, nesta nova e especial realidade que nos deixa a pandemia xerada pola Covid-19 destacamos as vantaxes que ten escoller este destino,e, sobre todo, as estancias nos aloxamentos slow, polas seguintes características:

 
 


> Están localizados en contornas rurais, lonxe de grandes cidades ou grandes núcleos de poboación, e sen aglomeracións de xente

> Podes escoller pasar a túa estancia nunha vivenda ou apartamento independente completamente ao teu aire!

> Os aloxamentos compartidos son de pequeno tamaño, con 5 ou 6 habitacións (máximo 18 habitacións)

> A maioria das experiencias e actividades recomendadas son de natureza, en espazos abertos e primando aqueles recunchos menos coñecidos, onde podes estar a soas ou na compañía de quen ti elixas gozando da paisaxe, dos sons, da fauna, da flora, do patrimonio…

> Moitas das experiencias e actividades slow poden facerse en calquera momento e sen necesidade de facer grupos, incluso sen necesidade de guiado ou acompañamento