Almas Slow
Dámosche a Benvida á rede de aloxamentos Turismo Slow Norte de Galicia!
"Casa da Penela nace co fin de achegar de novo as tradicións galegas así como o modo de vida rural modernizado e afastado da realidade. A xente que visite Casa da Penela sentirase nun lugar auténtico de espazos acolledores e vistas fermosas."
Casa da Penela
"Las Palomas está situado no pobo mariñeiro do Porto de Espasante, un lugar para desconectar e gozar dos encantos dunha zona practicamente salvaxe. O noso labor desde o ano 1975 no que empezou esta particular aventura, é traballar para que os nosos hóspedes síntanse como na súa propia casa."
Las Palomas
"Todo te sorprenderá ao atravesar a porta da nosa casa, orixinaria do ano 1739 e recentemente restaurada con moito mimo e detalles orixinais percorrendo cada recuncho, co que conseguimos recrear un ambiente moi agradable e acolledor. Ven vivir unha experiencia de turismo rural única nun aloxamento inigualable."
Araucaria House
"Finca Galea é moito máis que unha casa rural onde aloxarse. Parque etnográfico e museo natural. Nesta finca de máis de 62.000m2, abrazada polo río Ouro adornada con todo tipo de árbores, prantas e flores, vese, cheira e sente a maxia de Galea. Aquí as árbores contan a súa propia historia creando unha arte natural e diferente que sorprende. Se quedas en Galea, sentirás que o suave fluxo do río, berce, o canto dos paxaros alegra o espertar e o xasmín que sube aos balcóns das habitacións, deixa un rastro de aroma ao seu camiño que intoxica os sentidos... Atrévete a probalo."
Finca Galea
"A restauración de tres casas decimonónicas decoradas con mobiliario antigo fai deste hotel un aloxamento rústico e con encanto. Os nosos sinais de identidade son o ambiente familiar (coidamos todos os detalles) e o noso traballo continuo para lograr a máxima satisfacción de todos os nosos clientes."
Hotel Vila do Val
"O Castaño Dormilón conxuga un edificio tradicional de pedra, que foi unha escola, cun deseño interior contemporáneo que busca a RELAXACIÓN e o CONFORT dos seus hóspedes. Un lugar onde relaxarte mentres gozas de todo o que che ofrecen as Rias Altas… Descúbrenos!"
El Castaño Dormilón
"A armonía, o benestar, a cordial amizade e a risa, entre moitas outras cousas, teñen prioridade para nós… Intentamos compartir bos momentos e para iso volvemos a nosa casa un lugar onde sentir e apreciar o gran valor das cousas sinxelas. É importante para nós saber que os nosos clientes se senten cómodos na casa e para iso, intentamos ser conscientes das súas necesidades, intentando o máximo posible para cubrilas.Tentamos sempre crear un ambiente limpo e saudábre, cheo de armonía e xente alegre. Ás veces, organizamos barbacoas e festas no xardín, xogos na casa, paseos nos arredores, actividades de turismo activo. Preparamos festas para quen queira sorprender aos seus compañeiros. Tamén organizamos os cursos e talleres dos fins de semana temáticos e un longo etcétera. que podes descubrir se nos visita. Como amantes da artesanía e a creatividade, buscamos mellorar ese espírito cos cursos e exposicións que se realizan na casa. Queremos compartir o que somos e aprender contigo, queremos que se sinta como en casa."
Os Tres Teixos
"Benvidos ó turismo slow no norte de Galicia."
Lugar del Río
"Benvidos ó turismo slow no norte de Galicia."
Malates Slow Boutique Hotel
"Goza duns días de descanso connosco, un cómodo e tranquilo aloxamento onde o noso equipo de persoal ponse á súa enteira disposición para facer da súa estancia no noso hostal todo un pracer."
Hostal Buenavista
"Benvidos ó turismo slow no norte de Galicia."
Apartamentos Tcos Praia de Seselle
"Construída a finais do século XIX pola familia Pardiñas Uz, a CASA DO FORNO foi utilizada na súa orixe como corte para o gando, almacén de cereais e forno de pan. Recentemente restaurada, a CASA DO FORNO é hoxe unha vivenda con encanto deseñada para o desfrute das xentes visitantes das terras deste fermoso val."
A Casa do Forno
"Benvidos ó turismo slow no norte de Galicia."
Casal de Pelaio
"Concebido como un lugar para descansar e gozar do entorno natural, en A Miranda propoñémosche vivir unha experiencia de turismo rural marcadamente orixinal, chea de detalles e toques personais cos que temos creada unha atmósfera única e sorprendente. Esperamos verte axiña!"
Hotel A Miranda
"Ben sexa unha viaxe de lecer, por traballo, para visitar a familia, para desconectar das rutinas, para coñecernos, para descubrir ou descubrirte, para perderte… elixir Lugar das Marías*** sempre é un acerto. Un aloxamento diferente, onde coidamos os detalles para que a estancia permaneza no teu recordo. En Lugar das Marías*** apostamos pola proximidade, a contorna e ademais, contámosche historias de mulleres que fixeron posible cambiar os finais de moitos contos. Lugar das Marías***, pracer de aldea."
Lugar das Marías
"Rodeada de magníficos bosques case virxes atópase unha magnífica vila do S. XVIII con 500 m2, distribuídos en 6 preciosas suites dobres con baño privado, todas diferentes na súa decoración, un gran salón con cheminea e magníficas vistas ao val, acolledor hall, sala de televisión, comedor con cheminea no que se serven exquisitos e variados almorzos caseiros, elaborados diariamente con produtos da zona e da propia casa. Todas as estancias decoráronse cunha mestura de mobles de deseño e antigüidades restauradas pola propia dona, o que fai que se cre un aspecto único e acolledor a esta preciosa casa. Na restauración mantivéronse os seus muros de pedra, utilizando materiais da zona, como lousa, castiñeiro, pedra e sempre respectando a arquitectura tradicional da comarca. A destacar tamén as súas magníficas zonas comúns no exterior: xardíns de deseño, acolledor patio, terraza solárium desde a que se divisa todo o val, en días claros poden verse ata un total de 20 aldeas, zona de relax nun dos seus hórreos, etc.… cada unha delas debidamente amoblada e acondicionada para que cada cliente poida gozar duns marabillosos días de relax nunha paraxe espectacular. Entre a diversidade de zonas próximas de interese turístico, destacar: Ribadeo, Foz, Mondoñedo, Castropol, Tapia, Taramundi, os Oscos e como non a preciosa Praia das Catedrais que se atopa tan só a 37 km do complexo. Un luxo ao teu alcance…"
Lar de Víes
"Construído en 1885 pola familia Méndez Lago, á Casa Amando foi nos seus inicios un ultramarinos, fogar de comidas e ao mesmo tempo aloxamento. Renovado en 2010, Casa Amando é hoxe un lugar de escapada para desconectar do estrés cotián e gozar da tranquilidade da contorna, nunhas instalacións de toda a vida pero coas mellores comodidades e mellor trato. Esperámosvos!"
Casa Amando
"Benvidos ó turismo slow no norte de Galicia."
Hotel A Ladela
"Para aqueles que buscan paz e tranquilidade Cabanas da Barcela é o lugar perfecto. Situadas sobre unha leira de 8.000 metros cadrados de céspede e unhas espectaculares vistas sobre a ría de Foz. As cabanas de madeira farante sentir en harmonía coa natureza. E o seu interior moderno, acolledor e funcional, está coidadosamente deseñado para garantir o confort e gozar da paisaxe. Contan tamén con parque infantil e grellada para gozar duns días de relax coa familia ou as amizades."
Cabanas da Barcela
"Benvidos ó turismo slow no norte de Galicia."
Lumen Place
"Hotel e apartamento situados a tan só cinco km. do centro de Viveiro, na praia de Area, Faro. Unha contorna agradable e sosegada onde o suave son do vaivén das ondas e a brisa mariña acariña os oídos; onde os infinitos tons verdes do escarpado da costa compite coa ampla gama de azuis do horizonte, compracendo á vista; onde o suave cheiro a mar mestúrase co da follaxe para producir sensacións tan puras e de tal sinxeleza que poñen en consonancia corpo e mente. A tranquilidade emana desta paraxe inigualable no que estamos situados e, como contraste, poñemos á súa disposición todas as comodidades que un viaxeiro do século XXI pode necesitar."
Complexo Alameda
"Benvidos ó turismo slow no norte de Galicia."
Hotel Rías Altas
"En casa Rural Penaquente, o noso obxectivo principal é facer que o viaxeiro se sinta como na casa, goce das nosas instalacións, dunha atención coidada e personalizada e viva unha experiencia única nunha contorna privilexiada. Caracterizámonos por preservar e manter as contornas naturais e potenciar unha ecoloxía sustentable. Somos punto de encontro e acollemento para hóspedes de perfís e motivacións diversas e queremos ser referente na zona en calidade e trato cunha política de atención, respecto e privacidade."
Casa Rural Penaquente
"O gusto pola sinxeleza, dá á pousada un ambiente ACOLLEDOR nunha contorna APACIBLE e tranquila."
A Lume Manso
"A xente que vén a Casa do Mudo é como un invitado ao que lle ofrecemos a nosa casa para que a goce, para que se relaxe e poida sentirse como na súa propia casa..."
Casa do Mudo
"Na Reserva da Biosfera Río Eo, OSCOS e Terras de Burón, atópase este fermoso e exclusivo complexo rural, con casas de arquitectura tradicional e moi comprometidas co medio. A localización é perfecta para excursións preto de centros etnográficos, museos, praias como As Catedrais, na Mariña Lucense. Goza dunha escapada entrañable nun aloxamento de calidade con excelente servizo, coidando cada detalle para que os hóspedes vivan unha experiencia única e inesquecible."
Casona de Labrada
"Un lugar familiar para estar coma na casa."
Hotel Restaurante Javier Montero
"Tratamos de ofrecer un cálido recuncho que vos sirva de base para gozar da aventura de coñecer a nosa comarca, gozar das súas paisaxes, historia, gastronomía… e ao final da xornada, descansar, relaxarse e gozar da casa e da súa contorna. A nosa intención é que vos sintades na vosa casa, pretendemos ofrecervos un servizo e un equipamento o mellor posible, sempre dentro das nosas posibilidades."
Finca O Bizarro
"Benvidos ó turismo slow no norte de Galicia."
AT. Camino do Eume
"Casa Piñeiro, foi herdada dos meus avós e construída en 1902. Foi utilizada como taller de carpintería do avó e empezouse a restaurar no ano 2005. Unha casa con encanto, con moitos detalles antigos. Os clientes que nos visitan son de todas as partes do mundo. Os almorzos son con produtos caseiros, marmeladas, manteiga, biscoitos… Situada no enclave das Fragas do Eume, a 7km de Caaveiro e a 7km do Mosteiro de Monfero, onde se poden realizar diversas actividades como rutas de sendeirismo, Kayak, montar a cabalo..."
Casa Rural Piñeiro
"Alóxate na nosa casa de aldea restaurada con agarimo, goza dunha xornada aprendendo entre cabalos ou pérdete nas fragas que nos rodean ao lombo dun compañeiro peludo. Tras un día intenso percorrendo a Galicia máis descoñecida remata a xornada cunha cea no palleiro e unhas copas rodeado do resto de habitantes da granxa (galiñas, ovellas, cabras...). Va-lo perder?"
Granja Labrada
"A Casa das Augas!! Como diría a miña avoa, o nome feito a medida para a nosa casa... Maxia, vida, natureza, agarimo... Pequenas cousas que chegan ao corazón... Asomarte ao balcón sobre a canle e gozar dun auténtico espectáculo ollando como transcorre a través do fogar a auga que movía os nosos muíños, creemos que é unha experiencia inesquecible... No momento que chegas á nosa casa ...formas parte de nós, da nosa familia, polo que imos a atender sempre todas as túas necesidades e tentar que te sintas como no teu propio fogar!!! Á beira do río no verán ou mesmo aos pés da cheminea...poderemos contar miles de contos e experiencias!! Iso si...tes que probar o noso almorzo...todo!! Que foi o que máis che gustou?? A min tamén...!! Non che contamos máis.. agora só estamos desexando coñecerte!! Esperámoste!"
A Casa das Augas
"Situada na cima dun pequeno outeiro con boas vistas á ría, permite ter todos os servizos a disposición e ao mesmo tempo gran tranquilidade."
Casa Parrugueiro
"Benvidos ó turismo slow no norte de Galicia."
Casa Lourán
"Dominando a fermosa Ría de Cedeira, descubrirán a Hospedería Casa Cordobelas. Un conxunto de casas rehabilitadas, ao máis puro estilo do rural galego. Os espazos e habitacións amplos, así como unha gran zona axardinada e arborizada, proporcionaralles, descanso, acougo e ben estar. Un trato cordial e próximo. Unha información sobre as paraxes idílicas, de praias, cantís, faros, garitas, o santuario de San Andres de Teixido, a gran extensión da Serra da Capelada….. E naturalmente, a gran riqueza gastronómica, dun porto pesqueiro. Esperamos verlles pronto, gozar dun descanso agradable."
Casa Cordobelas
"Formado por unhas antigas casas de labranza con máis de 150 anos de historia, esforzámonos por ofrecer a maior comodidade aos nosos clientes."
O plantío
"Deixate seducir pola costa noroeste, sorprenderate."
Casa do Morcego
"Situado no casco histórico de Pontedeume, Albatros é unha experiencia na que coñecer e gozar da vida eumesa. A gastronomía galega, o descanso e a sustentabilidade son os piares cos que se desenvolveu este proxecto, facendo desta casa restaurada unha experiencia innovadora sen esquecerse da nosas tradicións e da nosa cultura."
Pensión Albatros
"En tempos lugar de paso cara a San Andrés (de aí vénlle o nome á casa), hoxe A Pasada é lugar de paso a calquera punto do norte de Galicia. Axudámosche a programar as túas rutas, a axustalas á túa dispoñibilidade, a espremer o tempo para que poidas gozar de lugares que non deberías perderche… E, en cada xornada, o pracer do antigo na casa: a decoración do teu cuarto, as sabas bordadas a man da túa cama, os almorzos caseiros… A vella hospitalidade de Galicia."
Casa Rural A Pasada
"Ofrecémosche un marabilloso enclave, rodeado de natureza, boa gastronomía e coidado nos detalles."
Casa Franco
"Benvidos ó turismo slow no norte de Galicia."
Apartamentos Auga
"Esperámoste para que goces dunha contorna especial para os amantes do mar e a pesca, así como dunha contorna natural e paisaxística única… mar, montaña, ríos, fervenzas, tradición, cultura… atrévete…"
A Carta do Porto
"Somos unha aldea de turismo rural vegana, cunha gran área natural de doce hectáreas, converténdoa nun lugar ideal para relaxarse, desconectar e gozar da natureza. A nosa ética é 100% vegana e dispoñemos dun pequeno restaurante especializado en comida 100% vexetal e en actividades gastronómicas que dedicamos totalmente ás persoas aloxadas na nosa aldea. Ademais, as mascotas son benvidas a O Viso Ecovillage e pódense hospedar gratis (baixo consulta previa)."
O Viso Ecovillage
"Na casa de Rosa Jove, ademais de gozar da paisaxe poderás meter as mans na masa e facer falar ao barro. Gozarás e relaxaraste. Seguro!"
A Casa de Rosa Jove
"Esta antiga casa de labranza, de finais do século XVIII, foi obxecto de múltiples reformas para poder crear estancias cheas de equilibrio e exquisitos detalles artísticos, habitacións moi persoais e confortables e, sobre todo, un xardín evocador que permiten crear unha atmosfera con moito encanto. Queremos que a xente goce dun ambiente familiar, sereno e tranquilo rodeado de natureza e patrimonio."
A Cortiña de Cantalarrana
"A FINCA HOTEL RURAL é un hotel ideal, desde que chegas é como atoparche no teu fogar. Aquí atoparás un amencer espléndido, auténticos espazos acolledores no noso xardín, un lugar onde conseguirás relaxarche totalmente e no que poderás gozar de rutas de sendeirismo que che levarán a desconectar do esgotamento da túa mente."
Hotel Rural A Finca
"A aldea de Soutomoro é unha aldea semi abandonada, que conserva as súas casas, campos, capela e bosques de eucaliptos, piñeiros e castiñeiros. Un lugar onde se respira tranquilidade con diferentes lugares para descubrir. A nosa preciosa casa rural está construída con pedra de máis de cen anos de antigüidade. Durante a restauración da casa tentouse facer todo o posible para que quedara da maneira máis acolledora para os nosos hóspedes, conservando todo o seu encanto orixinal. Ven a coñecernos!"
Soutomoro
"O Hotel Herbeira é un hotel boutique de tres estrelas, a un kilómetro de Cedeira e a cinco minutos das praias nas que practicar surf. As vistas dende as habitacións do hotel son espectaculares e dende todas elas pódese ver o mar e a vila de Cedeira. É un edificio de líñas nórdicas e con espazos interiores moi modernos e cálidos ,con piscina e unha cafetería con terraza para disfrutar dunha bonita posta de sol.No Hotel Herbeira encontrará o aloxamento ideal para as súas vacacións. No hotel atenderémolo en español e inglés para poder ofrecerlle o mellor servizo. Informarémolo dos mellores destinos para visitar e darémoslle boas recomendacións gastronómicas dos restaurantes e mesóns da nosa terra."
Hotel Herbeira
"O son da auga e o vento nas árbores poñen banda sonora á nosa casa, situada entre o mar e a montaña… unha paraxe única no que mesmo é posible escoitar o silencio. Para relaxarte, para gozar activamente da natureza, en Finca Goleta atoparás 14 Ha de xardíns e bosque xunto á ría, ao redor dunha casa chea de espazos acolledores e a nosa cociña caseira na que elaboramos almorzos con produtos naturais."
Finca Goleta
"En 'Casas do Campo' contamos con 4 casiñas independentes de pedra e madeira decoradas con moito mimo. O noso obxectivo é a vosa desconexión no entorno máxico de Fragas do Eume 🙂 P.D: Mascotas benvidas!"
Casas do Campo
"O VILAR é unha casa de turismo rural situada nunha das ladeiras do Valle de Mera de Arriba na comarca do Ortegal. A nosa fermosa casa do s. XVIII foi totalmente rehabilitada con moito agarimo e ilusión buscando dar aos nosos visitantes a máxima calidez sen abdicar en ningún momento da súa alma secular e a súa estrutura orixinal. O VILAR distribúe o seu aloxamento en 5 suites coidadosamente equipadas e 1 apartamento completo onde os nosos hóspedes terán a sensación de estar nas súas propias casas, cercados de moito verde, paz, tranquilidade e comodidade."
O Vilar