gastronomía

Experimenta, de vagar, a riqueza e os aromas da cociña local, donde a elevada variedade e calidade dos nosos produtos convértese nun dos nosos trazos de identidade. Proba as receitas locais, nas que apreciarás a permanencia da tradición e a súa evolución respectuosa cara á unha cociña innovadora.

 

 

Convidámosvos a percorrer o Norte do Norte, onde atoparedes acolledores restaurantes. Neles, os produtos de temporada marcan as súas cociñas, desde as máis tradicionais ás máis innovadoras. Pregunta aos teus anfitrións e anfitrioas polos seus mellores consellos para elixir onde comer…

Moitos destes produtos son autóctonos da nosa zona, como o Pemento do Couto, a Faba de Lourenzá ou o Queixo de Tetilla (Moeche), que son marcas con Indicación Xeográfica Protexida.

 

Descobre a abundante riqueza pesqueira (nunha zona bañada polas augas atlánticas e cantábricas) e tradición mariñeira a través dos mellores pratos da gastronomía do mar:
          •  Percebes en Cedeira e Rinlo
          •  Polbo en Mugardos e Ribadeo
          •  Sardiñas lañadas e conservas en Cariño
          •  Merluza do pincho en Celeiro e Burela
          •  Bonito do norte en Burela
          •  Coquinas da ría do Barqueiro e O Vicedo
          •  Ourizo de mar e mexillón en San Cibrao
          •  Berberecho en Foz
 
Saborea tamén os deliciosos produtos do interior como:
          •  Pan de Neda
          •  Cogomelos en As Pontes
          •  Grelos en Monfero e Cerdido
          •  Tenreira en A Capelada
          •  Mel en San Sadurniño, Moeche ou O Valadouro
          •  Troitas en A Pontenova
          •  Empanada de Mondoñedo
          •  Pastelón en A Mariña (empanada de hojaldre)
E disfruta da sobremesa, acompañado dos nosos doces máis típicos, como os mantecados de As Pontes ou a torta de améndoa de Mondoñedo.
 
FacebooktwitterFacebooktwitter